Cambados acolle unha xornada sobre a gobernanza do mar

    xornada_gobernanza_mar100.jpgCAMBADOS> Ante a próxima reforma da Política Pesqueira Común, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, …

    {flowplayer}images/salnes/XORNADA_GOBERNANZA_MAR.flv{/flowplayer}

    … anima ó sector a seguir traballando para que Galicia gañe forza no ámbito europeo. Así o sinalou en Cambados na inauguración da xornada ‘A gobernanza do mar. Reflexións desde Galicia sobre a reforma da Política Pesqueira Común’.

    Nesta xornada, políticos, científicos e tamén o sector, reflexionan sobre o concepto de gobernanza do mar, un novo xeito de facer política no que se implica ós diversos actores na xestión pesqueira.

    Desde o sector, inciden en que se debe ter en conta na reforma da PPC a variedade de contextos pesqueiros que hai en Europa. O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, José Antonio Gómez, considera que as normativas xenéricas non valen para todos e, no seu caso, levan anos insistindo en que se defina a pesca de baixura.

    En canto ós científicos, tratan de que as súas recomendacións permitan ós xestores ter unha base para actuar.

    A xornada, celebrada no Salón José Peña, estivo organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e polo Concello de Cambados.

    Redacción Salnés