CAMBADOS> Cambados organiza a súa segunda feira do libro despois de 20 anos. A vila contará con dez expositores de obras literarias e diferentes actividades como teatro e cine. A feira estará aberta ata o día 22.
20 anos despois Cambados volve a celebrar unha feira do libro. 10 libraría danse cita esta semana na segunda edición dun evento moi agardado polos libreiros.
Os primeiros visitantes xa se achegaron a unha feira que comezou no día de onte. As librarías móstranse satisfeitas ca participación do público e coas ventas
Polo de agora a maioría de visitantes foron os nenos e nenas dos diferentes centros educativos. Os libreiros agardan que na fin de semana se achegue máis público.
Ademais dos dez expositores de libros tamén se están levando a cabo diferentes actividades.
A feira estará aberta ata o sábado 22. O venres en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas e o sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.