Os ladróns recapacitan: os dous renos roubados en Cambados volven á súa casa

CAMBADOS> Tal como marcharon, reapareceron. Falamos dos dous renos da casiña de Papá Noel de Cambados. Non pasaron nin 24 horas, pero as dúas figuras substraídas volveron ó lugar no que tiñan que estar. Coñécese que os ladróns, finalmente, preferiron non rouba-lo Nadal ós cambadeses.

Eles non o saben, pero nas últimas 24 horas viviron toda unha aventura. En menos de 24 horas, estes dous renos que custodian a casiña de Papá Noel fronte ó Concello de Cambados desapareceron… e volveron aparecer.

Na madrugada do sábado, alguén forzou a súa morada e os roubou.

O tenente de alcalde cambadés encárgase persoalmente de abrir e pechar a casa de Papá Noel cada día.  Hoxe, despois do susto, celebra que os dous renos volvesen ó lugar do que nunca deberon marchar.

O concelleiro entende que todo se tratou dunha falcatruada. Seica a noite do sábado foi de moita xoldra en Cambados e que os ladróns que roubaron as figuras, ó día seguinte, acabaron arrepentíndose.

Estes feitos levan ó goberno local e repensa-la súa idea inicial de mante-la casiña aberta ó público o resto do ano.

Cordal aproveita para facer un chamamento ó civismo. Ademais dos renos, nas últimas semanas tamén roubaron bolas e estrelas das árbores que decoran as rúas da vila e tamén plantas de pascua de varios testos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí