![]()
RIBEIRA> Ó longo do día desenvolvéronse unha serie de actividades dirixidas á poboación en xeral, así como tamén ós escolares, nas que se incidía nos riscos do consumo de tabaco.
{flowplayer}barbanza/diamundialsentabaco.flv{/flowplayer}
Como en anos anteriores a Asociación Antidroga Renacer de Ribeira conmemorou a xornada do Día Mundial sen Tabaco instalando na rúa peonil de Ribeira, a carón da farmacia Sanmamed, unha mesa informativa para repartir entre os viandantes folletos, dípticos e diverso material publicitario no que se incide nos riscos que conleva o fumar. Ademais do labor informativa, proporcionábase asesoramento, conciencindor á poboación da importancia de desenvolver hábitos saudables e cambiaronse cigarros por caramelos.
Cooximetrías
Ademais de xeito gratuíto, ás persoas fumadoras que o desexaban, realizábanselle medicións de monóxido de carbono en aire expirado.
Actividades con escolares
Durante a xornada a Asociación Renacer tamén levou a cabo unha serie de actividades de sensibilización e información co alumnado dos centros de secundaria do municipio, co reparto de carteis e autocolantes co lema “Ó meu carón non se fuma”.
Redacción Barbanza










