‘Este operativo demostra o arrepentimento cero dos grandes capos’

VILAGARCÍA> Aínda está sen pechar, pero xa se fala de que a Operación Mito pode ser unha das máis importante contra o narcotráfico de drogas dende a Operación Nécora. Dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico celebran o éxito deste operativo e os avances que se realizaron dende entón, aínda que advirten que non hai que baixar a garda. Tamén reclaman un cumprimento efectivo das penas.

A Operación Mito continúa aberta e os datos aínda son provisionais, pero podería figurar entre os máis importantes golpes que se lle dan ao narcotráfico dende a histórica Nécora.

Son preto de 40 detidos no marco deste operativo ao longo de toda España, pero á cabeza figuran nomes moi coñecidos para os galegos. Unha reincidencia que, segundo a Fundación, é indicativa dun importante burato na seguridade.

Por iso volven reclamar man dura contra o narcotráfico. Segundo Fernando Alonso, repensar as penas e conseguir o seu cumprimento efectivo son claves para avanzar nesta loita.

Para evitar este “efecto chamada”, para a Fundación é moi importante intervir directamente os patrimonios dos condenados para que revirtan en beneficio da sociedade. Tamén non baixar a garda, e manter e reforzar os efectivos que se esforzan nesta loita.