A Semana Santa de Paradela volverá a congregar a miles de fieis

     MEIS> A escenificación da Semana Santa en Paradela ten a súa orixe na década dos 40. Cada ano congrega a miles de fieis nesta parroquia.

    {flowplayer}images/salnes/SemanaSantaParadela_150313.flv{/flowplayer} 

    A Confraría de Semana Santa e Pascua de Paradela presentou esta mañá no concello de Meis o seu programa de escenificacións e actos para a Semana Santa. Trátase duns dos eventos que maior interese desperta de cantos se celebran estos días en Galicia, de feito foi declarado de Interese Turístico Autonómico no 2010. O alcalde destacou o interese que ten a Semana Santa de Paradela a nivel cultural e relixioso.

    Os actos arrancará o Domingo de Ramos coa bendición dos ramos e a celebración a Santa Misa ás 12:30. Pola tarde, ás 19:00 actuarán a banda de música Bertula e o coro de Paradela. O Xoves Santo os actos litúrxicos comezarán ás 20:30 do serán. Ás 21:30 escenificarase a última cea, co posterior prendemento de Xesús pola traición de Xudas e o xuízo ante o Sanedrín e Caifás.

    O venres pola mañá, ás 11:30 será a representación do xuízo ante Pilatos e Herodes para dar paso ós momentos máis espectaculares coa flaxelación e o vía crucis ó Monte Croa, onde se levará a cabo a crucifixión. Para o venres pola noite quedará o desencravo e a procesión á Igrexa dende o monte.

    O sábado á noite celebrarase a misa de resurrección. O Domingo de Pascua a partires das 12:30 da mañá na igrexa parroquial representarase a resucción.

    Redacción Salnés