A Garda Civil e os concellos reforzan a súa colaboración contra os incendios

reunionseguridademuros100.jpgMUROS> O concello de Muros acolleu unha xuntanza entre alcaldes e responsables do distrito forestal quinto e representantes da Garda Civil.

{flowplayer}barbanza/reunionseguridademuros.flv{/flowplayer}

Os concellos que integran o distrito forestal quinto, Muros, Carnota e Mazaricos, xunto co municipio limítrofe de Outes, volverán establecer unha fronte común contra os incendios en colaboración cos efectivos da Garda Civil.

Os alcaldes dos respectivos concellos mantiveron unha xuntanza coa xefa do distrito e os responsables do instituto armado para concretar os puntos do protocolo de colaboración.

Así, as unidades territoriais da Garda Civil colaborarán activamente nas tarefas de prevención e investigación dos lumes que se teñan producido.

Dende os concellos ratificaron o seu compromiso de poñer a disposición dos corpos de seguridade tódolos medios materiais e humanos para preservar a riqueza dos montes.

Redacción Barbanza