Carlos Lorenzo e María Isabal Orcajada impóñense na distancia longa do Xtosín Trail

PORTO DO SON> Carlos Lorenzo e María Isabal Orcajada impuxéronse no Portosín Trail, coas súas vitorias na distancia longa de 42 quilómetros. Óscar Guerra e Ana Peña fixeron o propio na categoría de media maratón. As probas, disputadas este domingo en Portosín, pecharon o circuíto Trail Series organizado por Arousa Neo.

Máis de douscentos corredores déronse cita no Portosín Trail celebrado este domingo na localidade sonense. Carlos Lorenzo, do Vértice, alzouse coa vitoria na distancia de 42 quilómetros seguido de Pedro Traba, do Club Atletismo Outes. Na categoría feminina foi María Isabel Orcajada, do Virxijianos Trail a primeira en atravesar a meta.

No que respecta á distancia media, de 21 quilómetros, o primeiro clasificado foi Óscar Guerra, de Cambados, seguido polo seu compañeiro de equipo Maxi Oubiña mentres que Chema Quintián, do tribu, quedou en terceiro lugar. O podio femininmo compuxérono Ana Peña, Mari Pombo e Cristina Riós.

Os participantes nesta probam que se retoma tras dous anos sen desenvolverse, tiveron como recompensa a beleza natural da paisaxe polo que discorren os dous percorridos, especialmente a distancia máis longa coa dura suba ó monte Iroite.

Ó tempo que as carreiras desenvolveuse tamén unha andaina de 14 quilómetros con boa parte do percorrido en común. A pesar das malas condicións meteorolóxicas, a xornada desenvolveuse sen incidencias.

Arousa Neo, entidade organizadora, contou coa colaboración da Cruz Vermella de Noia e Protección Civil de Porto do Son que ademais dos voluntarios achegaron varios vehículos todo terreo e un de apoio loxístico. O Trail de Portosín puxo o broche de ouro ó Revolutrion Trail Series tralas carreiras do Freixo, en Outes, e de San Alberte en Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí