Urbaser reacciona ás protestas dos traballadores de Vilagarcía convocándoos para o luns

VILAGARCÍA> Concentración dos traballadores do lixo en Vilagarcía. Esíxenlle a Urbaser, a nova concesionaria do servizo, que renoven o convenio colectivo. Os traballadores din que están fartos de esperar e pídenlle á empresa que senten negociar dunha vez. Logo da concentración, a concesionaria anunciou que convocará para este luns a mesa de negociación.

Urbaser leva no seu ADN a conflitividade. Así de contundentes son os traballadores do servizo de recollida do lixo en Vilagarcía. Esta mañá celebraron a súa primeira concentración reclamando un convenio digno. Fano dous meses despois de que esta firma se fixe coa concesión do servizo na cidade.

Ante a protesta, a empresa reaccinou comprometéndose a convocar o luns a mesa de negociación do convenio laboral. É o mínimo que esixían esta mañá os traballadores.

Os traballadores recoñecen non ser moi optimistas porque din coñecer de sobra as actitudes desta empresa noutros puntos do país.

O alcalde da cidade e varios concelleiros do goberno local achegáronse esta mañá ata a protesta. Foi o propio Alberto Varela o que lles comunicou o compromiso adquirido pola empresa de convocalos para iniciar as conversas de cara á renovación od convenio laboral.

O goberno está actuando de mediador neste conflito laboral dende hai xa tempo. Os traballadores entre tanto manteñen o seu calendario de protestas á espera dos avances que poida haber a vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí