A CIG chama ás mobilizacións veciñais en Vilaxoán e Carril para evitar os peches das oficinas de Abanca

VILAGARCIA> Abanca pechará as oficinas bancarias de Vilaxoán e Carril. Os clientes destas sucursais terán que trasladarse a Vilagarcía para realizar as xestións que non sexa dixitais. Dende a CIG móstranse contrarios a estes peches e esixen que se manteñan todos os postos de traballo.

Durante a pandemia, as oficinas bancarias de Vilaxoán e Carril reduciron a súa actividade e trasladaron a maior parte das xestións ás sedes de Vilagarcía. Dende as vilas temían que o traslado fose permanente e os seus peores presaxios vanse cumprir nas vindeiras datas. Abanca pechará definitivamente as oficias de Vilaxoán e Carril.

Este desprazamento provocará a saturación nas oficinas de Vilagarcía para ofercer servicio presencial que segundo a CIG xa é mínimo.

Os veciños de Vilaxoán serán derivados á oficina de Doctor Tourón, mentres os de Carril terán a súa nova sede na praza de Galicia. Dende CIG ademais de rexeitar o peche das oficinas tamén esixen que non se perda ningún posto de traballo.

Dende a CIG xa se mobilizaron pegando carteis tanto en Vilaxoán como en Carril contrarios ao peche destas entidades. Agardan que agora sexan os veciños os que se sumen as súas mobilizacións e loitar porque as oficinas continúen nas súas vilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí