Un grupo de importadores americanos de viño visitan O Salnés

    SANXENXO> Algúns importadores de viños de Nova York estiveron este xoves en O Salnés. Esta visita enmarcase dentro da acción comercial dunha empresa de recente creación, que se dedica a exportación de viños españois aos Estados Unidos. Un mercado que representa o 50% do total das exportacións dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. 

     

    Os Estados Unidos son o principal país importador de viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. O mercado americano representa arredor do 50% das exportacións deste caldo. Por iso un grupo de importantes importadores de viño procedentes de Estados Unidos estiveron hoxe de visita na comarca de O Salnés, para ver in situ os viñedos.

    Esta é a primeira vez que este importadores inclúen O Salnés no seu calendario de visitas. Os americanos puideron coñecer algunhas bodegas e viñedos de primeira man.

    Todos eles chegaron a comarca despois duns días frenéticos nos que tamén visitaron outras zonas vitivinícolas de España como a Rioja, Ribera del Duero o Cigales. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/visita_rias_baixas_americanos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/05/visita_rias_baixas_americanos.mp4{/flowplayer}