O Porto pon a proba a súa seguridade a través dun simulacro

    simulacro_porto_villacopy.jpgVILAGARCÍA> No simulacro, que constou de tres supostos, activaron, entre outros, o Plan Interior de continxencias contra a contaminación mariña accidental.

    {flowplayer}images/salnes/SIMULACRO_PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Unha fuga nun buque no Porto de Vilagarcía e unha persoa ferida que ten que ser evacuada polos gardacostas e trasladada posteriormente en ambulancia ata o Hospital do Salnés obrigou á Autoridade Portuaria a activalo Plan de Interior de continxencias contra a contaminación mariña accidental.

    Aínda que poderiamos estar falando dun verdadeiro accidente, neste caso, tratábase dun simulacro. O obxectivo deste exercicio, que se fai de maneira periódica, era temporizar o que pode levar un real.

    Así mesmo, con estes supostos preténdese comprobala capacidade de coordinación de tódolos organismos implicados onde o Capitán Marítimo é o encargado de dirixilos exercicios desde o Centro de Control. En definitiva trátase dun preparativo para no caso de que se alerte dun accidente real, tódolos medios saiban como actuar.

    Amais, nesta xornada tamén activaron o Plan de Emerxencia Interior, para o que simularon un incendio nun galpón, e o Plan de Protección do Porto, ante unha posible ameaza terrorista. Unha vez rematados os supostos, tocou avalialos exercicios.

    Entre os organismos colaboradores atopábanse a Policía Nacional, a Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil ou Salvamento Marítimo, así coma outros membros da comunidade portuaria.

    Redacción Salnés