Sanxenxo presume de bandeiras azuis

SANXENXO> Sanxenxo presume de bandeiras azuis. Coa recuperación do distintivo na Panadeira, o concello acumula ata 14 nas súas praias e sitúase como o municipio con máis recoñecementos de toda España . O alcalde da vila mostra a súa satisfacción e asegura que non se conforma.

Das 17 bandeiras outorgadas na comarca do Salnés, 14 pertencen ós areais de Sanxenxo. Telmo Martín mostrouse moi contento e agradecido polo traballo feito para conseguir estes distintivos.

Estes recoñecementos sitúan a Sanxenxo como o municipio con máis bandeiras azuis de España e supoñen un reclamo importante para a vila.

Telmo Martín tamén asegurou que non se conforma cas 14 bandeiras e intentarán para o ano conseguir o pleno das 15, xa que só a praia de Área de Agra quedou sen recoñecemento.

O único que fai falla agora é que o tempo acompañe para poder gozar destes distintivos.