Quintana defende a actuación de Mar nos conflitos da Confraría de Carril

VILAGARCÍA> A Conselleira do Mar defende a actuación do seu departamento no conflito da confraría de Carril. Rosa Quintana asegurou que en todo momento se axustaron  á legalidade vixente, intervindo con rigor dende o primeiro momento. Unha visión que non comparten dende a corporación de Vilagarcía que onte, de xeito unánime, requirían á Consellería que actúe no pósito para evitar os conflitos.

Para a Conselleira do Mar, o seu departamento actuou axeitadamente para rematar cos conflitos na confraría de Carril. Rosa Quintana defendeu que en todo momento se axustaron á lexislación vixente.

Quintana referiuse especificamente ao último conflito no pósito. Recordemos que o enfrontamento viu dado pola negativa da confraría a deixar vender na lonxa carrilexa o marisco recollido por seis mariscadores que contaban co necesario permex da Consellería.

A Conselleira responde deste xeito ao pronunciamento unánime que onte realizaron todos os grupos da corporación vilagarciá en defensa das mariscadoras carrilexas. No pleno, acordaron requerir á Consellería a súa intervención na confraría para evitar a conflitividade. As explicacións de Rosa Quintana non convenceron ao alcalde de Vilagarcía.

Rosa Quintana participou na inauguración da xornada “O valor do Mexillón en Galicia e os seus retos futuros”, organizada por OPMEGA. Segundo destacou, durante o 2017 os mexilloeiros desembarcaron 267 mil toneladas en lonxa e facturaron ao redor de 122 millóns de euros. Cifras que son as máis altas da última década.