Gotas organiza en Ribadumia un contacontos para normalizar entre a rapazada o colectivo LGTBIQ+

RIBADUMIA> Ribadumia conta dende hoxe cunha biblioteca diversa. Trátase dun espazocon diferentes títulos que teñen como nexo común a temática LGTBIQ+. A colección xa está dispoñible na Casa da Cultura de Ribadumia, onde esta mañá a Asociación Gotas organizou tamén un contacontos diverso para a rapazada. O obxectivo, normalizar entre os nenos e nenas os dinstintos modelos de familia, inculcándolle valores como o respecto e a tolerancia.

Ribadumia segue dando pasos a prol da visibilización do colectivo LGTBIQ+. Esta mañá inauguraron a súa bibilioteca diversa, un proxecto no que a Asociación Gotas e o Concello van da man. Trátase dunha escolma de libros adaptados ás distintas idades centrados nas diferentes realidades do colectivo.

A colección diversa xa forma parte dos fondos da Casa da Cultura de Ribadumia.

Coincidindo coa posta en marcha desta biblioteca diversa, dende o colectivo Gotas organizaron tamén hoxe un contacontos para a rapazada do CRA. O seu obxectivo: normalizar entre os nenos e nenas os dinstintos modelos de familia, inculcándolles valores como o respecto e a tolerancia.

O contacontos desta mañá é só unha das propostas nas que Gotas quere implicar á rapazada de Ribadumia. Fan un chamamento ás familias para que tamén leven aos nenos e nenas á Ruada das Gotas deste sábado. Unha cita na que tamén se inclúen distintas actuacións musicais e un gran xantar diverso.

A xornada do sábado incluirá a actuación de Boudebou, o espectáculo infantil das Titiriteiras e o Mamarrashow coa drag Kim Miller. Á noite, máis música con Alana, El Nido, Mondra e fin de festa con Señora DJ.