O concello deseña un amplo programa deportivo para este verán

    programacion_deportiva_sanxenxocopy.jpgSANXENXO> Torneos de fútbol, balonmán, cursos para tódalas idades e mesmo un proxecto de deporte adaptado son algunhas das actividades previstas.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMACION_VERAN_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Facilitala práctica deportiva a tódolos veciños e visitantes, ofrecer unha alternativa de ocio, sacar o deporte á rúa ou fomentar un estilo de vida activo. Este son algúns dos obxectivos polos que desde o concello de Sanxenxo veñen de deseñar unha ampla programación deportiva para levar a cabo este verán.

    Entre elas atópanse a Bandeira Nauta Sanxenxo traíñas o 30 de xuño, unha exhibición de skate o un de xullo en Baltar, un torneo de fútbol praia os días 6, 7 e 8 de xullo, a Volta Ciclista a España o 28 de agosto ou o Campus polideportivo ‘Vive o deporte’.

    En canto á práctica do deporte no día a día, desde o concello tamén seguen ofertando no verán diferentes cursos a desenvolver no entorno da piscina municipal.

    E coma programación especial, este ano levarán a cabo catro proxectos diferentes: ‘Deporte para todos’, ‘Deporte adaptado’, ‘Noites deportivas’ e ‘Xornadas deportivas paralímpicas’. A finalidade última é fomentala práctica do deporte entre tódalas persoas e de tódalas idades.

    Con todo, desde o concello agardan que cada unha das actividades programadas cumpran as súas expectativas de participación. Así mesmo, a praza de Fonte de Ramos de Sanxenxo acollerá tódolos días do verán clases gratuítas de pilates.

     Redacción Salnés