![]()
VILANOVA> Costas iniciou esta semana as obras para continuar co paseo de beiramar entre a praia do Campamento, nas Sinas, ata o barrio de San Pedro.
{flowplayer}images/salnes/ACONDICIONAMENTO_LITORAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Segundo informou o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, os traballos poderían estar rematados en 15 días, completando así o acondicionamento desta franxa de litoral.
O alcalde tamén confirmou que o Goberno central aprobou xa o proxecto para facer unha senda desde O Terrón ata Cambados, que nun inicio se ía comezar en San Miguel. A actuación está pendente de informe e contratación.
Outro proxecto pendente na rexeneración do litoral vilanovés é area da praia da Braña. E no interior do concello, o goberno local estuda coa Xunta unha senda fluvial en Baión, desde as Aceñas ata Pontearnelas.
Redacción Salnés






