Falece unha muller nunha praia da Illa

A ILLA> Falece unha muller nunha praia da Illa de Arousa. Pasada a unha e media do mediodía, un particular daba a voz de alarma. Dous mozos localizaran o corpo dunha muller coa cabeza dentro da auga do areal de Riasón. Conseguiron sacala e deron aviso aos veciños.

Ata o lugar desprazáronse o helicóptero do 061 e os servizos sanitarios, pero a pesares dos esforzos por reanimala non conseguiron salvarlle a vida.

A vítima tiña uns 70 anos e era natural de Avilés. Atopábase na Illa para pasar uns días con motivo dunha festa familiar. Desprazárase ata a praia para refrescarse, e todo apunta a que sufriu algunha indisposición cando se atopaba dentro da auga.