Música e humor para recibir o entroido en Ribeira

RIBEIRA> Este venres arrancará por todo o alto o entroido en Ribeira. Un ano máis os nenos serán os protagonistas aínda que haberá citas para a mocidade, coa festa da noite de entroido, e bailes para a terceira idade. A ampla programación xa está dispoñible na páxina web do concello.

As charangas tomarán as rúas de Ribeira durante todo o entroido para vivir unhas celebracións moi arraigadas na vila. As actividades programadas polo concello estarán dedicadas especialmente ós cativos co Enreda no entroido que se celebrará no espazo de usos múltiples tódolos días , a choqueirada infantil do domingo ou o expreso do entroido que percorrerá o centro da vila. O luns de entroido tocaralle a quenda ós mozos cunha gran festa nocturna e o concurso de disfraces que se desenvolve en colaboración coa hostalería.

O martes, día festivo, terá lugar unha das citas máis tradicionais do entroido ribeirense co festival e murgas e comparas.

O mércores ás sete e media partirá dende a praza do porto a comitiva fúnebre do Felipe. A concelleira de cultura fixo un chamamento á veciñanza a participar no tradicional enterro para evitar que desapareza esta lonxeva tradición.

As actividades continuará coas celebracións do entroido pequeno. O sábado 29 terá lugar un concurso de doces típicos organizado pola AAVV de Bandourrío e unha festa inmfantil. A programación chegará á súa fin o domingo coa ruta de tapas do pequeno entroido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí