Sebastián e Mª Amparo: 80 anos casados

    matrimonioribeira.jpgRIBEIRA> O matrimonio, que reside en Palmeira, é un dos máis lonxevos de España.

    {flowplayer}barbanza/matrimoniopalmeira.flv{/flowplayer}

    Este é o momento no que o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, lle entregaba ó matrimonio formado por Sebastián Feliz Paradelo, de 103 anos, e Mª Amparo Tato Gómez, de 99, un ramo de flores e unha peza de cerámica co escudo do concello. A ocasión non era para menos, ó cumprirse hoxe oitenta anos de casados.

    O matrimonio, que reside no lugar de Figueirido na parroquia ribeirense de Palmeira, vive actualmente coa súa filla Clara e o seu xenro, que son as dúas persoas encargadas de coidalos.

    Matrimonio máis lonxevo de España

    Segundo parece, a de Sebastián e Mª Amparo, é a parella máis lonxeva de España e a segunda de Europa.

    Parabéns

    Vaian dende aquí os nosos parabéns para este matrimonio, esperando que o ano que vén poidamos celebrar novamente con eles o seu aniversario.

    Redacción Barbanza