RIANXO> Rianxo segue a engrosar o seu patrimonio artístico e cultural grazas ó festival ‘Viladomar, máis alá dos Muros’. Nesta quinta edición, catro muralistas deixaron a súa pegada en varios espazos do municipio.
Hai cinco anos xurdía timidamente da man da asociación Ondiñas Mainas o festival de muralismo Viladomar en Rianxo. Hoxe, na súa quinta edición, a cita consolidouse xa como un referente no mundo das artes gráficas con recoñecidos artistas de sona internacional.
Nesta quinta edición foron catro os participantes que quixeron plasmar a súa creatividade en diversos espazos da vila rianxeira. Entre eles, a mexicana Paola Delfín, Mon Devane, Maz e Twee Muizen.
As creacións deste ano, emprazados en Fachán, Fincheira ou nas inmediacións da praia de Tanxil, engádense ás obras de anteriores e edicións, sumando xa unha vintena de murais que contribúen a facer aínda máis atractiva unha vila xa de por si fermosa como Rianxo.











