Radio Taxi reivindica a súa fórmula de traballo, tamén por GPS

    VILAGARCIA> Os taxistas de Vilagarcía asociados á Asociación de Taxistas de Pontevedra defende o seu sistema de Radio Taxi

    {flowplayer}images/salnes/version_radio_taxi.flv{/flowplayer}

    … como o máis rendible para os usuarios, posto que, segundo eles tendo as mesmas vantaxes que o Teletaxi, conta ca garantía de levar tres anos ofrecendo bos resultados. Estes taxistas aseguran que eles tamén teñen incorporado GPS nos seus vehículos, por onde se poderían controlar a súa ubicación e mesmo teñen a posibilidade de pedir auxilio mediante el.

    As vantaxes para eles radican en que eles si poden recoller avisos namentres están a levar a outra persoa a ese destino, o que podería axilizar os viaxes, por exemplo, de ida e volta ó Hospital do Salnés.

    No tocante á posibilidade de que os taxistas mintan sobre a súa ubicación para cobrar máis cara a carreira aseguran que é un feito pouco probable posto que se controlan entre eles, e que contan cun baremo de sancións de entre os 10 e os 120 euros euros ou mesmo a retirada do servicio para aqueles que incumpran este acordo.

    Outra das discordancias entre as dúas patronais do taxi de Vilagarcía é o lugar escollido para implantar a segunda parada permanente na cidade. Radio Taxi defende a Praza da Independencia fronte á proposta da Avenida do Doutor Tourón. Aseguran que esta é a opinión da maioría, tal e como certificaron con sinaturas ante o Concello.

    O certo é que os dous colectivos traballan para ofrecer un servicio máis asequible e eficiente para os usuarios; só varían as formas. E o que tamén é unha realidade é que é un dos sectores máis divididos de Vilagarcía.

    Redacción Salnés