BARBANZA> Na xuntanza analizouse a situación socioeconómica da provincia, poñendo en valor o compromiso e a aposta que fai a institución provincial en materia de traballo, a través do seu Plan de Emprego Local.
Na reunión o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, destacou os investimentos que o organismo provincial fai en materia de reactivación económica e de promoción do emprego a través de su Plan de Emprego Local. Segundo el a través do PEL creáronse uns sete mil postos de traballo, máis de 1.700 novas empresas e nel investíronse un total de 41,5 millóns de euros.
Pola súa banda, o secretario xeral de UXT-Galicia, Xosé Antonio Gómez, fixo referencia á situación preocupante en materia económica en Galicia, poñendo en valor precisamente as políticas en materia de emprego impulsadas pola Deputación da Coruña.
Na xuntanza tamén se abordaron as propostas do propio sindicato en materia de emprego para incorporalas ós orzamentos de 2022 do propio organismo provincial.