PORTO DO SON> O concello de Porto do Son acolleu a presentación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Este proxecto, froito da colaboración de entidades públicas e privadas, ten por obxectivo mellorar a xestión do territorio a través dun modelo sostible.
O grupo de investigación Histagra, do departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, será o encargado de desenvolver a primeira fase do laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsado pola Fundación Ría. O obxectivo é catalogar os modelos de xestión e conservación do medio natural que aplicaban no pasado para a súa readaptación á época actual.
Na primeira fase de investigación estudaranse tres comunidades: as Brañas de Laíño, o Monte de Froxán e Baroña.
Esa segunda fase desenvolverase ó longo de 2021 identificando e promovendo aquelas iniciativas concretas de usos sostibles nas que participarán activamente comunidades locais que residen nese territorio.
A posta en marcha deste proxecto é posible grazas á Fundación Banco Santander que leva dezasete anos traballando nun proxecto de Recuperación do Patrimomio natural en toda España.