Sanxenxo eximirá do pago de taxas municipais aos máis afectados pola crise do coronavirus

SAXENXO> Sanxenxo tamén concreta algunhas das medidas adiantadas hai uns días para diminuír o impacto desta situación na economía local. Nun encontro celebrado hoxe polo gabinete de crise polo coronavirus, Telmo Martin transmitiu que a intención é eximir aos afectados do pagamento dalgunhas taxas municipais. Así as cousas, Martín confía en que este será un bo verán para o sector turístico da vila, unha vez se levante o estado de alarma.

Sanxenxo profunda nas medidas económicas anunciadas hai uns días para paliar o impacto da crise do coronavirus na vila. O concello explicaba que paralizarán investimentos por valor de 2 millóns de euros para dirixir estas contías a axudas fiscais para os sectores máis afectados.

Aínda así, Martín confía en que este será un bo verán para o sector turístico de Sanxenxo. Cre que tralo levantamento do Estado de Alarma, moitas persoas do resto de España optarán polo turismo nacional para pasar as súas vacacións. E unha das vilas preferidas é Sanxenxo, polo que reforzarán a súa promoción.

Outra das iniciativas nas que colabora o concello no marco desta crise é a confección de preto de 20.000 máscaras. O goberno local mercou a tea necesaria, e o obradoiro de costura El Rincón del Arte encargarase de elaborar estas pezas, antibacterianas e homologadas.

O concello tamén informa que reforzaron as tarefas de limpeza e desinfección dos espazos públicos, facendo especial fincapé nas zonas máis concorridas como os centros de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí