Vilanova manexa prohibir aparcar no entorno das praias aos non residentes para controlar o aforo

VILANOVA> O concello de Vilanova está decidido a que as súas praias non se convirtan en foco de contaxios de coronavirus durante o verán. Polo de momento o ambiente está tranquilo, pero o alcalde advirte: se de cara ao verán non se cumpren as medidas de distanciamento social, prohibirán ás persoas de fóra do municipio aparcar os seus coches no entorno. Un xeito de controlar o aforo nos areais vilanoveses.

A día de hoxe nas praias de Vilanova de Arousa o ambiente está tranquilo. O concello instalou paneis informativos coas medidas a tomar para garantir a seguridade sanitaria. Algo que, explica o alcalde, se está a cumprir.

A pesares desta tranquilidade, o goberno local xa ten preparadas as medidas que se aplicarían se a situación se descontrola. A medida pasaría por controlar o aforo dos areais de xeito indirecto: prohibindo o aparcamento ás persoas que non sexan residentes en Vilanova.

Aínda así, Durán explica que ata o momento non se cre que as praias poidan ser zonas sensibles para que se produzan contaxios do coronavirus. O que si preocupa ao rexedor é a coñecida como ‘movida nocturna’ que durante o verán se vive noutros municipios.

No que se refire ás terrazas, o rexedor asegura que no municipio se tomaron medidas para garantir o distanciamento e, ao mesmo tempo, apoiar á hostalería.

Durán fai un chamamento á calma e á paciencia da cidadanía, para que non relaxen as medidas de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí