VILANOVA> A estación de tratamento de auga potable que abastece ao Salnés contará cun novo sistema de bombeo alimentado por unha planta fotovoltaica. Vaise instalar na contorna de Ponte Arnelas nuns terreos que vai adquirir a Mancomunidade do Salnés. Esta actuación está presupostada en preto de 860.000 euros. A metade será financiado cunha achega da Xunta.
A Mancomunidade do Salnés lidera o proxecto de creación dun novo sistema de bombeo para a ETAP de Trevisco alimentado por unha planta fotovoltaica. Vaise instalar na contorna de Ponte Arnelas, no termo municipal de Vilanova. Trátase dun proxecto estratéxico para os nove concellos da comarca.
A planta será seis veces esta instalada na propia estación de tratamento de auga potable de Treviscoso.
O proxecto está orzamentado en case 860.000 euros. A metade provén dunha achega da Xunta, incluída nunha partida global do Fondo de Cooperación Local de case 8,5 millóns de euros destinados a case unha vintena de proxectos, entre eles, este do Salnés.
A planta fotovoltaica deberá estar rematada ao longo de 2025. Nestes momentos a Mancomunidade está a traballar na compra dos terreos precisos para a súa instalación.
Sobre a ampliación deste ETAP, o presidente comarcal indicou que nestes momentos estase a traballar na redacción do anteproxecto. Avanzou que no primeiro trimestre de 2025 haberá avances significativos.