Empresarios de Dodro demandan a colaboración da Deputación para a creación de chan industrial

DODRO> O presidente da Deputación da Coruña visitou o concello de Dodro para coñecer de primeira man dúas das empresas máis importantes do municipio. Os seus titulares solicitaron a colaboración do ente provincial para a creación de chan industrial que permita a ampliación dos seus proxectos empresariais.

A primeira parada do presidente da Deputación acompañado polo alcalde de Dodro producíase nas instalacións de FESBA. empresa especializada na elaboración e comercialización de produtos do mar. A firma dispón actualmente de dúas plantas no municipio e emprega a máis de medio cento de persoas. A súa intención é seguir medrando coa ampliación dunha das fábricas pero se atopa coa ausencia de chan industrial.

Algo semellante lle acontece á peletería Ana Muñiz que se verá obrigada a deslocalizar a produción ante a imposibilidade de ampliar as súas instalacións. Valentín González Formoso escoitou atentamente as demandas do alcalde e dos propios empresarios sobre a necesidade de habilitar chan empresarial para evitar a perda de empresas nun concello eminentemente rural pero cun emprazamento estratéxico para desenvolver novas industriais.

O alcalde aproveitou a presenza do presidente da deputación para trasladarlle dous proxectos de construción de sendas peonís en estradas de titularidade provincial. Gonález Foromos comprometeuse a estudalas e a habilitar partida przamentaria para executar, alomenos, unha delas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí