CAMBADOS> O Partido Popular de Cambados presentou hoxe dúas propostas para a parroquia de Vilariño. Os populares apostan pola ampliación do cemiterio e do seu aparcadoiro e a construción dunha pista multideportiva no campo da feira. Dúas actuacións que, aseguran, atenden as demandas veciñais.
O Partido Popular inclúe no seu programa dous proxectos para a parroquia de Vilariño. O primeiro contempla a ampliación do cemiterio municipal, acompañada dun incremento de prazas de aparcadoiro na súa contorna.
O segundo pon o foco sobre o campo da festa. Os populares aseguran que nos últimos anos non se realizou ningunha actuación neste equipamento. Por iso, ademais da construción dunha grada e dun parque infantil, propoñen dotalo dunha pista multideportiva.
Con estas actuacións, o Partido Popular asegura que estaría atendendo ás demandas dos veciños da contorna.