BOIRO> O concello de Boiro desenvolver ó longo da segunda quincena de novembro unha campaña especial de control de mascotas. Esta iniciativa, de carácter informativo, incidirá na necesidade de levar ós animais con correa e identificados con microchip así como na obriga de recoller os seus excrementos.
Boiro conta cun censo de aproximadamente 2500 cans. De aí, a necesidade de desenvolver campañas como a que se vai poñer en marcha na segunda quincena de novembro para lembrar as obrigas derivadas da tenencia de animais domésticos. A campaña xirará sobre tres eixos fundamentais: a obriga de identificar as mascotas, recoller os seus excremento e levalas con correa na vía pública.
Nesta quincena, a Policía Local realizará labores informativas para lembrar ós cidadáns a necesidade de cumprir coa ordenanza municipal de convivencia e medio ambiente.
Ademais desta campaña, o concello leva tempo implementando medidas para favorecer o equilibro e a convivencia atendendo a criterios cívicos e de hixiene. Ademais da posta en marcha dun parque canino e a instalación de contedores especiais para os excrementos, a policía dotouse hai un par de meses dun lector de microchip que permite a identificación inmediata dos animais.











