Nova protesta no colexio de Carril esixindo melloras urxentes no centro

CARRIL> Nova protesta das familias do colexio de Carril esixindo melloras no centro. Denuncian unha vez máis que levan anos reclamando o arranxo de cuestións básicas como os aseos, sen que a Xunta escoite as súas peticións. Lembran que tamén está pendente o cambio de ventás e unha posta a punto do parque, onde xa se retiraron tódolos seus elementos por mal estado. Na concentración participou tamén o alcalde de Vilagarcía e representantes do BNG e o PSdeG.

Son moitas as frontes nas que loitan as familias do colexio de Carril. Hoxe volveron á rúa reclamando melloras nas instalacións. Lembran que levan anos anos demandando unha posta a punto dos baños, así como a renovación das ventás.

E, engaden, no 2022 a Xunta volveu comprometerse con esas actuacións, pero a febreiro de 2024 seguen sen acometerse esas melloras. Outra necesidade que, denuncian, non está atendendo a Xunta é a posta a punto do parque infantil no que xoga a rapazada.

Ás deficiencias na infraestrutura, a ANPA denuncia tamén a falta de persoal.  Logo de que o goberno galego accedese ao desdobre da aula de 6º de infantil, as familias están molestas coa decisión de que a mestra de apoio se convertese tamén na titora da nova clase. Din que falta persoal.

Na concentración desta mañá participaron representantes do BNG e tamén o alcalde de Vilagarcía. E di Varela que de nada serve desdobrar unha aula se iso non implica tamén o incremento do persoal docente. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí