A Xunta investirá 300 mil euros na mellora das Torres de Oeste de Catoira

CATOIRA> A xunta de Galicia investirá preto de 300 mil euros dos fondos next generation na posta en valor das torres de Oeste de Catoira. O proxecto desenvolverase en torno a tres eixos: preservación dos bens patrimoniais, conservación da zona e modernización. A última parte inclúa a creación dun posto de realidade virtual e a ampliación do pantalán.

A Xunta de Galicia escolleu, entre os proxectos presentados ao plan nacional Xacobeo, a posta en valor das Torres de Oeste de Catoira. Un proxecto que terá un custo de preto de 300 mil euros e que permitirá reformar e modernizar os elementos patrimoniais catoirenses declarados como bic.

O proxecto xirará en torno a tres bloques: preservación dos bens patrimoniais, conservación das estruturas e do medio ambiente e modernización da zona.

O proxecto inclúe traballos como a mellora das sendas, o mantemento e arranxo das deficiencias das torres e accesos adaptados. Ademais tamén se creará un posto de realidade virtual para mostrar a través da tecnoloxía a historia das torres e dos seus conquistadores. O proxecto compleméntase coa ampliación do pantalán para contribuír ao crecemento da ruta do Mar de Santiago.

O proxecto estará financiado cos fondos next generation, co cal deberanse cumprir estritamente con todos os prazos marcados. A previsión é que se licite nas vindeiras semanas e que se remate o proxecto nos primeiros meses do 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí