O éxito das convocatorias do 8M anima o movemento feminista

VILAGARCÍA> O Soño de Lilith confía en que este 8 de Marzosupoña un antes e un despois na historia da muller. O berro deste colectivo vilagarcián soa estes días ben forte para loitar pola igualdade entre ambos xéneros. A xornada de onte superou as súas expectativas, na que mulleres de tódalas idades manifestaron a ausencia dos seus dereitos.

As choivas non silenciaron o berro do Soño de Lilith. Para este colectivo feminista, este 8 de Marzo é un punto de inflexión na historia da muller grazas á súa loita. Os actos reivindicativos da pasada xornada superaron as expectativas da asociación neste histórico día para que o papel da muller na sociedade deixe de ser invisible.

A folga concienciou do oco baleiro que deixa a muller na sociedade. A asociación quítalle a venda dos ollos a humanidade para cortar de raíz un problema común que nos afecta a todos. As xeracións máis maiores sumáronse a loita para que as nenas de hoxe non percorran o seu camiño escuro. Pero as novas xeracións tampouco quedaron atrás e alzaron a súa voz máis forte que nuncaportodas aquelas mulleres mortas e mesmo as que quedan na casa.

O Soño de Lilith mantivo viva a festa cunha partida de trivial feminista no que dar resposta a numerosos feitos realizados pola muller e totalmente descoñecidos.

O que onte aprendeu a sociedade e que se as mulleres paran, para o mundo.