Atopan 3 fosas comúns con restos óseos nas escavacións do cemiterio de Rubiáns

VILAGARCÍA> As escavacións do cemiterio de Rubiáns atopan tres foxas con restos óseos. A aparición dunha chapa anterior á guerra civil permitiu aos investigadores mudar a zona de escavacións e obter este achado. Polo de agora, aínda é cedo para coñecer se os restos atopados pertencen a algunha das vítimas dos 18 represaliados.

Hai preto de 10 días comezaron en Rubiáns as escavacións para atopar os restos de 18 de represaliado da guerra civil. Despois de varios días sen avances, no día de onte, os investigadores atoparon nunha foxa unha chapa anterior á guerra civil. Ese descubrimento permitiu á investigación mudar as zonas de busca.

A nova zona de escavacións xa desvelou os primeiros resultados coa aparición de tres foxas comúns.

Tamén nesas mesmas foxas apareceron os primeiros restos óseos.

Os investigadores comezaron a estudar os ósos pero polo de agora aínda é cedo para coñecer se os restos pertencen a algún dos represaliados. As escavacións e investigacións continuarán nas seguintes datas mentres haxa posibilidades de atopar os restos e facer xustiza coas 18 vítimas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí