Mar Otero e Vanessa Piñeiro, novas raíñas do Albariño

    rainas_albarinocopy.jpgCAMBADOS> O acto de nomeamento tivo lugar onte na Praza de Fefiñáns. Ambas recoñeceron estar emocionadas e moi contentas.

    {flowplayer}images/salnes/RAINAS_DAMAS_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    Unha mestura de sorpresa e emoción que perfectamente se podía ver nas súas caras. Así foi o momento no que as novas raíñas da sesenta edición da Festa do Albariño de Cambados. Son Mar Otero Torreiro de seis anos e Vanessa Piñeiro Noya de quince. Respectivamente, as raíñas Infantil e a do Albariño.

    Momentos antes de sabelo resultado das votacións do xurado puidemos falar con elas onde nos relataron cales son as súas aficións e se estaban nerviosas neses minutos previos. A partires de agora, as novas embaixadoras serán as encargadas de levar o nome de Cambados e o do Albariño alá por onde vaian.

    O alcalde, Luis Aragunde, tamén deu unhas palabras neste acto. Lembrou ós fundadores desta festa e resaltou o traballo de todo o sector vitícola da DO Rías Baixas. Así mesmo, garantiu que Cambados vai seguir fomentando a cultura do viño con festas coma esta.

    A actuación de grupo cambadés Manso e amigos e o grande trompetista Esteban Batallán, da Orquesta Sinfónica de Granada puxeron o broche final ó acto.

    Redacción Salnés