O Videa Fest expándese por Galicia co Salnés como punto de inicio e remate

MEAÑO> Xa está aquí unha nova edición do Videa Fest, o festival que mestura arte, música e gastronomía. Este ano, o evento suma máis artistas e máis eventos á súa grella. Vai comezar este sábado en Meaño, pero o Videa expande as súas fronteiras máis alá do Salnés, levando as súas propostas polas catro provincias galegas.

Estas son algunhas das pezas que  podemos ver se visitamos a exposición que o escultor Francisco Pazos ten no seu espazo artístico de Cobas, en Meaño. Precisamente este será o punto de partida dunha nova edición do Videa Fest, que arranca este sábado.

E bota a andar este sábado con varias propostas en Meaño: un roteiro para visitar o miradoiro de San Cibrao, obradoiros e visitas guiadas a este estudo. Completan a xornada iniciativas músicais e gastronómicas.

A de Meaño será a primeira de cinco paradas que, nesta edición levan o Videa pola catro provincias galegas. Nas sucesivas fins de semana haberá actividades en Fisterra, Sober, Punxín e Cambados. A clausura será en Castrelo, na Fundación Manolo Paz.

Para cada unha destas xornadas do Videa Fest hai 150 prazas dispoñibles. As entradas xa se poden reservar por un prezo de 15 euros na web do festival.