Sanidade realizará un cribado á veciñanza de Porto do Son para frear os contaxios

PORTO DO SON> O incremento do número de casos activos experimentados en Porto do Son nos últimos días foi unha das razóns que levou á consellería de Sanidade a atender a solicitude do Concello e anunciar un cribado poboacional a unhas 2.200 persoas, nunha franxa de idade entre os 31 e os 50 anos. O cribado levarase a cabo mañá e pasado no hospital da Barbanza. As citas faranse vía SMS, onde se lles indicará a hora e o lugar na que se lle realizará a proba. Dende o Concello sonense, e tamén dende o SERGAS, fan unha chamada á veciñanza a asistir ó cribado, respectando a hora e a data da cita, xa que esta é a mellor fórmula para controlar o aumento no número de contaxios no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí