RIBEIRA> Dende hai varias edicións o Club Náutico de Ribeira, decidiu darlle unha volta a esta regata patrocinada polo grupo Gadis, e apostar polo deporte base.
Así decidiu organizar unha proba para as clases optimist e láser que terá lugar esta vindeira fin de semana, o sábado e o domingo.
Na cita tomarán ó redor dun cento de barcos de diferentes clubs de toda Galicia.
Dende Gadis, patrocinadora da regata, destacaron a importancia desta proba, que reúne perfectamente varios dos compromisos corporativos da firma como son a promoción do deporte e a alimentación saudable.
Dende o Náutico ribeirense quixeron agradecer tamén a Gadis o seu firme apoio e colaboración dende hai anos con esta proba.