A DO Rías Baixas supera os 33 millóns de quilos de uva recollida

    SALNÉS> A piques de dar por pechada a campaña da vendima deste ano, os datos non poderían ser mellores. Ata o de agora, a Denominación de Orixe fixa nos 33 millóns os quilos de uva recollidos. Superando con creces as estimacións iniciais en cantidade e conseguindo unha excelente calidade.

     

    Así resumen na Denominación de Orixe Rías Baixas a vendima deste ano. A piques de dala por pechada, o balance final é moito máis positivo do que se planteaban no mes de xullo.

    Un comportamento que foi máis aló da cantidade. No Consello Regulador coinciden cos técnicos de campo: a calidade da uva que entrou nas adegas este ano rexistrou uns parámetros de libro. Ademais, as boas condicións climatolóxicas permitiron unha mellor organización dos traballos da vendima.

    Segundo os datos do Consello Regulador, foron 183 adegas e máis de 5.500 viticultores os que traballaron nesta vendima, recollendo o froito de ao redor de 4 mil hectáreas de viñedo repartidas entre as diferentes subzonas. Ao contrario que o que sucedía outros anos, este non se rexistraron diferenzas importantes entre unhas e outras.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/balance_vendima_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/14/balance_vendima.mp4{/flowplayer}