As festas de interese turístico nacional e internacional grandes potenciadoras do turismo provincial

Pontevedra> Os alcalde de cada un dos concello destas festas de interese turístico nacional e internacional estiveron esta mañá presentes no Palacete das Mendozas. O fin desta presentación, dar a coñecer toda a oferta gastronómica, cultural, vitivinícola e histórica coa que conta a nosa provincia. Xa que todos estes eventos axudan a visita de turistas ao longo de todo o ano.

As festas de interese turístico nacional e internacional da provincia de Pontevedra déronse cita esta maña no Palacete das Mendozas. O fin potenciar todos estes eventos que enchen de contido a primavera, o verán, o outono e o inverno pontevedrés. Do 1 ao 5 de agosto Cambados acollerá unha nova edición da Festa do Albariño, unha cita que ten como fin conseguir o distintivo de interese turístico internacional.

Dende Vilagarcía o seu alcalde lembrou que máis de 40 mil persoas pasan polo seu San Roque, festa de interese turístico nacional dende hai 10 anos.

E dende O Grove, o seu alcalde dixo que o seu concello é o que máis cartos inverte na provincia nun evento destas características. Unha festa que tamén está loitando polo distintivo de interese turístico internacional.

As outras das festas da que fixeron gala esta mañá foron dende  o ámbito nacional a do Cocido de Lalín, e a Lamprea de Arbo, e das festas de interese turístico internacional na provincia que son a Arribada de Baiona,o Corpus de Ponteareas, a romaría Vikinga en Catoria, A rapa das Bestas en Sabucedo.