O feminismo converterase nunha festa na Pobra

POBRA> O concello da Pobra organizará a vindeira fin de semana unha festa feminista. A praza do emigrante e as casetas dos xardíns Valle-Inclán acollerán todo tipo de actividades reivindicatovas sobre o papel da muller na sociedade. Esta primeira festa feminista servirá tamén para presentar unha nova asociación dxuvenil de mozas feministas da Pobra que colaboran activamente na organización das actividades que se desenvolverá o venres 25 e o sábado 26. Entre as numerosas actividades destaca un obradoiro de autodefensa , a animación teatral ‘Receitas pola Igualdade’ ou os ‘Puzles sobre estereotipos de xénero’ propostos por Mulleres en Acción. Haberá tempo tamén para a música reivindicativa. Ademais das exposicións e obradoiros, terá lugar no marco desta festa a presentación dunha guía de linguaxe non sexista.