Boiro despedirá o verán cun ‘Tributo a Mecano’ e fogos de artificio

BOIRO> Boiro porá o broche de ouro á tempada estival por todo o alto. Este sábado celebrarase a Festa do Fin do Verán cun concerto Tributo a Mecano e unha tirada de fogos de artificio .

Xornada completa a que se vivirá en Boiro este sábado. A partir das oito da tarde, a canteira do Chazo será escenario das Paisaxes Sonoras con viño, gastronomía e música.

A continuación, a actividade desprazarase ata o parque da Cachada onde o concello celebrará a festa do fin do verán cun concerto Tributo a Mecano a partir das dez e media.

A velada rematará cun espectáculo pirotécnico que dará comezo ás doce e media da noita na praza da Boqueira de ANegral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí