A Pobra acollerá un roteiro teatralizado en homenaxe a García Martí

A POBRA> O concello da Pobra organiza o vindeiro sábado un roteiro teatralizado sobre a figura de Victoriano García Martí. Será a clausura dos actos en lembranza do escritor pobrense desenvolvidos este ano pola asociación de xornalistas de Santiago de Compostela.

Dar a coñecer a figura do escritor e xornalista pobrense Victoriano García Martí e divulgar o seu riquísimo legado son os obxectivos destas actividades organizadas polo concello da Pobra e a asociación de xornalistas de Santiago de Compostela. Con este fin, a entidade organizou ó longo deste ano diversos actos como o descubrimento dunha placa conmemorativa en Santiago ou unha conferencia impartida por Arancha Fuentes no Ateneo de Madrid. O roteiro previsto na Pobra o sábado 27 será a clausura deste ciclo en homenaxe ó escritor.

Ás doce haberá unha recepción no concello para a delegación da asociación de xornalistas de Santiago que participarán no acto. A continuación, partirá do concello unha ruta d teatralizada polos puntos da vila que marcaron a vida de Victoriano García Martí. A entrada é libre e non é necesaria inscrición previa.

Rematado o roteiro, aqueles que o desexen poderán realizar unha visita guiada polo mueso de Valle inclán que alberga numerosos fondos sobre garcía martí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí