Ravella consulta a reclamación de 825.000 euros a Placomsa

    BALNEARIOCOMPOSTELA.jpg VILAGARCÍA> Considera que a última sentenza relativa ó Balneario é pouco clara e non devolve expresamente a concesión á sociedade.

    O goberno local de Vilagarcía considera que o último fallo xudicial emitido sobre o Balneario da Compostela deixa no aire moitas dúbidas que agoran, os seus servizos xurídicos, intentan aclarar. A sentenza anula o acordo que o pleno da corporación tomou no seu día para rescatar a concesión, por aquel entón en mans da firma Placomsa. Segundo Ravella, o documento só anula ese acordo, pero non di expresamente que esa anulación implique a recuperación da concesión por parte da sociedade. É por isto que os servizos xurídicos do concello acaban de remitir un escrito á autoridade xudicial para que se lles aclare este punto, e de ser certa esa recuperación da concesión por Placomsa, que dereitos tería a administración local. É dicir, se Ravella podería reclamarlle a Placomsa a devolución dos 223.275 euros cos que tivo que indemnizar á sociedade por orde doutra sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    Pero hai máis, ó ser imposible devolver as instalacións no estado no que estaban cando perdeu a concesión, posto que o concello executou unha rehabilitación integral con cargo a fondos públicos, preguntan tamés se terían dereito á devolución dos máis de seiscentos mil euros que supuxo esta obra. Neste sentido xa se está a elaborar outro informe no que se xustifica a necesidade de actuar no edificio para evitar a súa ruína.

    Outra das preguntas é como se terá en conta o reiterado incumprimento por parte de Placomsa, din desde Ravella, das súas obrigas cando era concesionaria en canto mantemento e conservación.

    E para o Bloque Nacionalista Galego, o alcalde Tomás Fole engade unha mensaxe: por que non levantaron a voz cando Placomsa estaba incumprindo estas obrgas e o Balneario se deterioraba. Di Fole se foi, quizais, porque ‘o principal accionista da entidade era o seu candidato á alcaldía no ano noventa e nove’.

    Redacción Salnés