RIBADUMIA> O Delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaba esta mañá os primeiros traballos de mellora da concentración parcelaria de Lois en Ribadumia. As obras, ás que se lles quere dar un gran impulso ata final de ano para rematar en 2016, traballarán sobre 67 camiños cunha extensión total de case 9.000 metros.
Na visita ás melloras que se realizarán na concentración parcelaria de Lois – Monte de Ribadumia, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra puido comprobar acompañado da xunta local como avanzan os traballos que xa comezaron o xoves pasado e que suporán a apertura de novos camiños e a limpeza e o ancheamento doutros.
A concentración afecta aquí a máis de 1500 propietarios e 755 hectáreas que pasan de estar divididas en más de 8.700 parcelas a 2.108. O alcalde de Ribadumia lembraba esta mañá a importancia da agricultura para o sector económico do concello.
Cores Tourís amosouse satisfeito polo impulso que se lle está dando ás concentracións parcelarias de toda a parte baixa do Umia co presuposto de case un millón de euros para a concentración de Meis, a posta en marcha da de Tremoedo ou a segunda fase da que se está a realizar en Cambados.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/parcelaria_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/10/parcelaria_ribadumia.mp4{/flowplayer}