SAL propón ‘revivir Portonovo’ cunha gran praza pública

    SANXENXO> A formación liderada por Gonzalo Pita, Sanxenxo Agrupación Liberal, presentaba o sábado ‘Revive Portonovo’, un proxecto co que pretenden transformar toda a fachada marítima da vila e acondicionala para desfrute dos veciños. Din en Sanxenxo Agrupación Liberal que nos últimos anos Portonovo sufriu unha ‘caída libre’, con veciños que marchan do pobo, sobre todo no verán, ó non atopar as condicións de comodidade que precisan. Para frear esa caída en picado SAL deseñou ‘Revive Portonovo’. Para protexer a zona dunar impedirase a instalación das casetas de artesanía que permanecen no paseo durante o verán. Na zona do porto que fai de aparcamento recuperarase espazo para a praia e crearase unha gran praza pública. Este espazo encheríase para albergar estas actividades. ‘Revive Portono’ é o proxecto co que SAL inaugurou os mitins de campaña. Os piares nos que asentarán o seu programa serán o emprego, a cultura e o deporte {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/salportonovo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/11/SAL_PORTONOVO.mp4{/flowplayer}