Carlos Troncoso e Amegrove recollen os Premios Deputación 2012

    franciscopadinpremiodipu copia.jpg PONTEVEDRA> O empresario de Sanxenxo e a cooperativa meca recibiron as distincións nos eidos do Turismo e a Empresa respectivamente.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_DEPUTACION_2012.flv{/flowplayer}

    Un premio á traxectoria, e sobre todo ó traballo. Foron as calidades que o presidente da Deputación de Pontevedra subliñou á hora de referirse ó empresario Carlos Troncoso e á cooperativa Amegrove. Foron a nota ‘arousá’ nos Premios que cada ano concede o ente provincial para recoñecer o traballo de colectivos e persoeiros que traballan a prol de POntevedra. Así o destacou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, convidado ó acto.

    No caso de Carlos Troncoso, a Deputación recoñece a súa labor no impulso do sector turístico de Sanxenxo. Catro décadas dedicado ó mundo da hostalería, comezou coa creación nos anos setenta dos hoteis La Asturiana e Novo Astur, na Vichona. Logo virían a axencia de viaxes Interrías e o Hotel Carlos I Silgar.

    O traballo foi tamén a fórmula do éxito de Amegrove. Así o explicou o seu presidente, encargado de recoller o galardón no apartado da empresa.

    Os demais premios corresponderon ó Centro de Educación Especial Juan María de Nigrán no eido de Atención Social, no apartado de cultura recoñeceuse ó pintor José María Barreiro, e na de Deportes á Escola de Balonmán do Club Balonmán Lalín. A distinción especial, a Medalla de Ouro, foi esta edición para o Real Club Celta de Vigo.

    Redacción Salnés