Os alumnos de Castrelo expoñen ferramentas do campo e do mar

    expo_cole_castrelo100.jpgCAMBADOS> Os alumnos e alumnas do CEIP de Castrelo pasaron o curso intercambiando experiencias co CEIP de Luintra en Ourense.

    {flowplayer}images/salnes/expo_cole_castrelo.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Os alumnos e alumnas do CEIP de Castrelo pasaron o curso intercambiando experiencias co CEIP de Luintra en Ourense. Fotografías, cartas, excursións serviron para coñecer as actividades diarias dun e outro centro. Agora, teñen unha exposición de ferramentas do campo e do mar.

    Coñecer as diferenzas e semellanzas entre un centro escolar costeiro, coma o de Castrelo e outro de interior coma o de Luintra, en Nogueira de Ramuín. Era o obxectivo fundamental deste proxecto de colaboración entre ámbolos dous colexios, dentro do Plan de Normalización e Dinamización Lingüística. Lográrono levando a cabo distintas actividades ao longo do curso.

    Actualmente teñen a exposición de ferramentas propias de cada zona. No caso de Castrelo son do campo e do mar, e cabe resaltar a impagable participación dos familiares dos alumnos, prestando as ferramentas. Con este atractivo intercambio, non só alumnos e alumnas saíron favorecidos… os profesores, tamén se enriquecen co intercambio cultural.

    Redacción Salnés