A Festa da Ostra pecha con máis de 14.000 unidades vendidas

    FESTAOSTRA copia.jpg SANXENXO> A organización tivo que botar man das tres mil pezas que deixara en reserva ó superarse as doce mil que prevían servir.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_FESTA_OSTRA.flv{/flowplayer}

    Menos mal que reservaran tres mil ostras máis. Isto foi o que pensaron os organizadores da Festa da Ostra o domingo, cando a carpa instalada ó carón do campo de fútbol de Noalla botou o peche. E é que en tres días despacharon case 4.500 unidades deste marisco. Son algunas menos que as máis de dezaseis mil do ano pasado, pero máis das que prevían vender, unhas doce mil. O ir e vir de xente deste o primeiro día xa agoiraba uns bos resultados.

    Entre os asistentes, a meirande parte turistas que estes días pasan as súas vacacións por Sanxenxo e arredores.

    Pero as ostras non eran o único prato. Para completar o menú, ofrecíanse outros pratos de marisco, como polbo, vieiras, navallas ou sardiñas.

    A falta de pechar as contas finais, desde a comisión Virxe do Carme non poden facer mellor balance do encontro. A recadación obtida destinarase agora a custear as festas parroquiais.

    Redacción Salnés