Os hoteleiros agardan un repunte na ocupación malia o mal tempo

    hoteisbalanceCOPY.jpgSALNÉS> Estes días na comarca, coa festividade da asunción da virxe o mércores e en pleno mes de agosto, a previsión é boa.

    {flowplayer}images/salnes/OCUPACION_PONTE_SALNES.flv{/flowplayer}

    O descenso no número de reservas e, sobre todo, o descenso do consumo dos turistas está a facer que a tempada estival para os hoteleiros do Salnés estea a vir aínda máis frouxa que a do 2011. Agora, en pleno mes de agosto, mes no que a ocupación aumenta considerablemente, hai que sumarlle o mal tempo destes días. Aínda así para esta semana a previsión é boa.

    Pero o certo é que cada vez é máis difícil facer unha previsión de ocupación xa que agora a maioría das reservas son de última de hora e maiores a medida que nos achegamos ás fins de semana.

    Esta dinámica o que está a facer non é máis que complicalo traballo dos hoteleiros xa que, ó non contar cunha previsión, desemboca en inestabilidade laboral.

    Pola súa banda, desde o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo tamén agardan unha subida na ocupación aínda que o mal tempo non está a favorecer a chegada de novos turistas. Con todo o seu Presidente, Francisco González, confesou que malia que o balance deste ano non é positivo os hoteleiros do concello agardan que o 2013 sexa cando menos igual.

    Redacción Salnés